Medio cheo, medio baleiro


O artigo Medio cheo, medio baleiro foi publicado orixinalmente no meu perfil do Facebook en 2 de outubro de 2015.



Sempre me pareceu absurdo o debate entre optimistas e pesimistas sobre se o vaso está medio cheo ou medio baleiro. O vaso ten no seu interior 50% de auga e 50% de ar, por tanto está totalmente cheo. E mesmo que non tivese nin pinga de auga, estaría totalmente cheo de ar.

Aínda así, un átomo é un núcleo pequenísimo ao redor do cal flutuan electróns a unha distancia significativa, polo cal, na súa maior parte, o átomo está baleiro. Entón, pensándoo máis profundamente, a cantidade de materia que ten ese vaso é despreciábel, e podemos dicir que está totalmente baleiro.

Mais se o contido do vaso é baleiro, o vaso en si, tamén formado por átomos, non é máis que baleiro. E a persoa que o ve, sexa optimista ou pesimista, tamén é fundamentalmente baleiro. Sendo así, que o vaso estea medio cheo ou medio baleiro non importa unha merda.

Non sei a vós, mais a min estas reflexións danme unha sede...