Caso clínico: Inhalación accidental de preservativo


O artigo Caso clínico: Inhalación accidental de preservativo foi publicado orixinalmente n'As MIR e unha noites en 28 de xuño de 2014.


Texto e imaxes reais tiradas do artigo «Accidental Condom Inhalation, Arya CL, Gupta R, Arora VK. Indian J Chest Dis Allied Sci. 2004 Jan-Mar;46(1):55-8.», o cal descubrín grazas a unha entrada no blogue #notabasicbitch.

«O informe do caso describe a inhalación accidental dun preservativo por parte dunha adolescente mentres estaba a practicar unha felación. A doente sufriu de tose persistente, esputo e febre durante seis meses e non mellorou con antibióticos nin co tratamento antituberculoso estabelecido por varios facultativos.» 
«[...] a demora no diagnóstico ten que ver coa parella, que non deu a coñecer o evento aos médicos que a atenderon, ben de modo intencionado (debido á natureza íntima do acto), ben por seren incapaces de relacionar os síntomas co evento.» 
«Mesmo despois de retirar o preservativo do bronquio e mostrarllo, foi preciso un grande esforzo para que a parella contase a historia da felación. Ambos estaban comprensibelmente indecisos á hora de contalo por causa da natureza do caso en cuestión (un acto privado), da natureza inusual do coito realizado (a través da vía oral) e da inhalación dun obxecto discreto (como é o preservativo). A posibilidade de que tivese lugar unha aspiración seminal ao mesmo tempo non pode ser descartada.» 
Figura 1: Radiografía de tórax (vista póstero-anterior)
que mostra un colapso-consolidación no lobo superior
do pulmón dereito.
Figura 2: (Arriba) Unha imaxe da videobroncoscopia que
mostra a estrutura en forma de bolsa no bronquio do lobo
superior dereito; (Abaixo) fragmentos do preservativo
recuperados co broncoscopio ríxido.