A loita dun blogueiro rabudo contra o cancro


O artigo A loita dun blogueiro rabudo contra o cancro foi publicado orixinalmente n'As MIR e unha noites en 3 de febreiro de 2014.



Nacho Mirás, Rabudo para os amigos da Internet, é un coñecido xornalista do grupo Voz. Comezou os seus pasos en La Voz de Galicia, deu unha volta por Radio Voz, onde foi xefe de informativos de Galiza e director da emisora de Vigo, para finalmente voltar ao xornal. Alén de xornalista, tamén é profesor no departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. En resumo, un partidazo.

Mais as enfermidades non entenden de carreiras laborais, e sexas rico ou pobre, lindo ou feo, sempre che pode tocar. E a Nacho tocoulle. Deste xeito, en 6 de outubro de 2013, un astrocitoma anaplásico de grao III aloxado no lóbulo temporal dereito do seu cerebro decidiu facer a súa primeira aparición. O que o tumor non sabía era que ía toparse cun tratamento revolucionario, xa que o bo de Nacho decidiu combinar a cirurxía, quimioterapia e radioterapia que recibiu no CHUS coa novidosa blogoterapia. E deste xeito, o seu blogue reconverteuse nun diario onde conta como é a súa experiencia.

E xa calo por hoxe, que sexa o propio protagonista quen vos conte a historia. O enderezo do blogue é:


E se queredes saber máis, déixovos uns cantos artigos e entrevistas que lle fixeron nos medios: