Diario de prácticas (I): As mellores frases


O artigo Diario de prácticas (I): As mellores frases foi publicado orixinalmente n'As MIR e unha noites en 22 de novembro de 2013.


Ao longo da licenciatura tiven que facer moitas prácticas en moitos servizos. Nese tempo, fun contando as anécdotas máis curiosas que me ían acontecendo polo Twitter, baixo o nome Diario de prácticas. Agora que teño un blogue, pareceume boa idea rescatar aquelas lembranzas e ilas publicando. Hoxe comezamos coas mellores conversas e frases que teño escoitado a médicos e doentes, todas elas totalmente reais.

A foto é dun cartaz que fixemos para anunciar unha festa de sexto. Non ten nada que ver co tema, pero mola bastante.

CIRURXÍA CARDÍACA

MÉDICO: ¿Prefiere que le pongamos una válvula biológica o metálica?
DOENTE: Póñama de Uralita.

XINECOLOXÍA

O xinecólogo disponse a realizar unha ecografía transvaxinal. Despois de tentar introducir o transdutor na vaxina repetidas veces sen éxito, exclama:
—¡Ay, qué coño!

PNEUMOLOXÍA

MÉDICO: ¿Cómo está?
DOENTE: Jodido, pero contento.

OTORRINO

MÉDICO: Cónteme, Ramón, por que vén?
DOENTE: Non, eu son Román, Ramón é o meu irmán.
MÉDICO: Vostede é Román e o seu irmán é Ramón?
DOENTE: Correcto.

MEDICINA INTERNA

Frase que me dixo o médico mentres me falaba de como explorar pacientes:
—En una afección rectal, si no metes el dedo, metes la pata.

DERMATOLOXÍA

Unha paciente moi indignada porque o seu médico a mandou para o dermatólogo sen explorala a fondo:
—É que o médico de cabeceira non me quixo mirar ben porque non estou cachonda. Ás rapazas novas seguro que lles mira ben todo.

MÉDICO: Bos días, cónteme.
DOENTE: Mire, eu viña porque me ten que aquelar o tema...

UCI

MÉDICO 1: ¿Qué le pasó a la paciente?
MÉDICO 2: Se cayó de la viña mientras podaba.
MÉDICO 1: Pues no es tiempo de podar...
MÉDICO 2: ¿Ay, no? Pues ve y díselo a la cara.

MÉDICO: E que deporte practicas?
DOENTE: Aikido.
MÉDICO: Daiquiri?
DOENTE: Non, aikido, e tamén jiu-jitsu.
MÉDICO: Daiquiri e Fujitsu?

OUTROS SERVIZOS (é mellor non dicir cales...)

Médico todo indignado polo mal funcionamento do servizo:
—Es que esto no es un servicio, esto es... ¡esto es un retrete!

Frase que me espetou un médico ao escoitarme falar galego:
—Tú no serás de los CAFres ni de Galiza Nova ni de esas porquerías, ¿no?

MÉDICO 1: ¿Qué pone aquí? ¿Pesucitación?
MÉDICO 2: Resucitación.
MÉDICO 1: ¿Y eso qué es?
MÉDICO 2: Volver a la vida.