Recupera a virxindade con estes himes artificiais


O artigo Recupera a virxindade con estes himes artificiais foi publicado orixinalmente n'As MIR e unha noites en 16 de outubro de 2013.


Nesta altura da vida xa non son novidade as operacións de clareamento anal (ollo á imaxe coa que o ilustran na wikipedia) ou as cirurxías de reconstrución de hime (que custan de 600 € a 3.000 €). Mais, e se non queres pasar polo quirófano? No primeiro dos casos podes facer como Franco, que tiene el culo blanco porque su mujer se lo lava con Ariel. No segundo non hai solución... até agora!


Desde apenas 9.49 $ poderás comprar unha caixa con dous himes artificiais grazas á web www.himen-artificial.com! Non deixes pasar esta oportunidade! Non estades convencidas? Mirade como se anuncian na propia web:

Recupere Su Virginidad!

Cualquiera sea la razón, el himen artificial es la mejor solución. El himen artificial ha sido diseñado para simular la pérdida de sangre al perder su virginidad. Su secreto se mantendrá por siempre! Se puede casar con toda confianza! Agregue un poco de emoción a su matrimonio y sorprenda a su pareja!

Si amigas, que mellor xeito de sorprender o voso home na cama que cun sangrado vaxinal inexplicábel? Iso si que é emoción! Seguro que xa estades decididas a comprar un carro deles, non é? Mais non vos adiantedes, antes vamos ver que é e como funciona o tal hime artificial.


¿Que es?

El himen artificial es diseñado para simular la pérdida de sangre al perder su virginidad. Consiste en un pequeño sobre que contiene un líquido translúcido de color rojo formado por albúmina natural inofensiva, que se colocará en la vagina entre quince a veinte minutos antes de la relación sexual.

¿Como funciona?


Bajo la influencia del calor del cuerpo y la humedad vaginal, se transforma en una masa gelatinosa y rápidamente se une a la pared de la vagina.

Al tener la relación sexual, en el momento de la penetración, el líquido rojo se desrama y mancha las sabanas, simulando así la ruptura del himen.

Después de la relación sexual, el sobre hecho de celulosa soluble en agua, se disuelve en parte dentro de la vagina y no se saldrá por completo.

Goza dunha sensación xelatinosa na parede da vaxina! Mancha a roupa da cama como se non houbese un mañá... que o limpe a sogra! E o mellor de todo é que non te tes que preocupar, xa que os residuos do produto se disolverán sós na túa vaxina sen levantar sospeita!

Si, xa sei que agora que o coñecedes non podedes vivir sen un hime artificial. O caso é... como podes saber se o produto é para ti, que se adapta ás túas necesidades? Máis unha vez, na web encontramos a solución.

¿Quien debería usarlo?
  1. Las mujeres cuyos hímenes se rompieron debido a ejercicios físico arduos.
  2. Las mujeres cuyos hímenes estan roto debido a relaciones sexuales prematrimoniales.
  3. Las mujeres cuyos hímenes se rompieron como resultado de juegos de la infancia.
  4. Las mujeres cuyos hímenes estan rotos debido a la masturbación.
  5. Las mujeres con defectos congénitos del himen.
  6. Las mujeres que fueron abusadas sexualmente.

Espera, espera, espera. Romper o hime como resultado de xogos da infancia? Non sei a que xogos se referirán, eu de cativo teño xogado con nenas a xogos como a pita, as agachadas ou a mariola e xuro que non rompín hime ningún. Porque si, levantar a saia ás nenas fixémolo todos (micromachismos infantís), pero carallo, de aí a romperlle o hime...

En calquera caso, xa sabedes, sorprendede as vosas parellas cun regueiro de sangue falso que emana da vosa vaxina. O Samaín é dentro de 15 días, pode ser o complemento ideal para o voso disfrace de vampiresa!