Wreck-It Ralph, novo filme da Disney


O artigo Wreck-It Ralph, novo filme da Disney foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 8 de xuño de 2012.



Memoria Pixelada é unha web sobre videoxogos. Até aquí todo correcto. Entón... que facemos a anunciar un filme da Disney? Pois porque Wreck-It Ralph non é un filme calquera.

O argumento xira ao redor de Ralph, o vilán dun xogo de recreativas chamado Fix-It Felix Jr., onde o noso protagonista destrúe edificios e o heroe ten que arranxalos. Mais canso xa de ser o malvado, un día decide demostrar que pode ser bo e fuxe polo cabo de alimentación ás terras do videoxogo Hero Duty. O que o Ralph non imaxina é que o seu acto traerá consecuencias fatais para o mundo dos videoxogos...

Con esta premisa poderemos ver no filme referencias a millares de xogos arquicoñecidos, aparicións estelares dos nosos personaxes favoritos (chega con ver a reunión de viláns do tráiler para saber do que estou a falar) e moitos detalles que sen dúbida han de deleitar os fans do mundo pixelado.

Nos cinemas galegos a estrea será 30 de novembro, en versión dobrada ao castelán. Para aquelas persoas que prefiran baixar a Portugal para velo dobrado en portugués, a estrea alá será 13 de decembro.