[1º de abril] O videoxogo de Matalobos verá a luz no próximo mes


O artigo [1º de abril] O videoxogo de Matalobos verá a luz no próximo mes foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 1 de abril de 2012.


«No 1º de abril van os burros onde non deben ir»


Este artigo foi unha piada do Día dos Enganos. Todo o que di é inventado. A conta do Twitter de María Mera e o grupo do Facebook de Matalobos son reais, mais obviamente non dixeron nada do que aquí aparece.


Matalobos é unha serie da TVG que narra a historia dun clan de narcotraficantes da pequena vila de Sardiñeira, na costa galega, e das tentativas da Garda Civil por prendelos. Sendo unha das series de maior impacto que tivo a televisión pública galega, non é de estrañar que queiran apostar por este produto e expremelo todo o que poidan.

Pois ben, hai unhas horas a actriz María Mera publicaba no Twitter o seguinte:



Non hai ningunha información oficial, mais no grupo do Facebook de Matalobos especúlase que poida tratarse dunha aventura gráfica para PC e estaría á venda a comezos de marzo, coincidindo co lanzamento da serie en DVD. Segundo afirma un dos guionistas no propio grupo "a trama do videoxogo sitúase inmediatamente despois do capítulo final da serie, que remata este mércores 3 de abril" e "contará coa experiencia dos creadores do AR-K".

Entón só nos resta esperar e ver o que acontece nas próximas semanas. Permaneceremos atentos a calquera novidade!