Pór o Windows en galego


O artigo Pór o Windows en galego foi publicado orixinalmente no blogue de informática do Burgo das Nacións en 2 de outubro de 2011.



Sistema Operativo

Windows é o sistema operativo máis amplamente usado. Para pólo en galego o que tes que facer é instalar un parche que traduce os menús e diálogos sobre a versión en castelán. A seguir están as ligazóns á páxina de Microsoft para baixares o parche correspondente:



No caso dos Windows XP e Vista convén tamén ir a Panel de Control > Opcións Rexionais e de Idioma e pór como idioma o galego. Isto facilita que, á hora de baixar programas con varios idiomas, xa se poña o galego por defecto. No caso do Windows 7 isto é automático ao instalar o parche.

Microsoft Office

Microsoft Office ten un parche de tradución que se instala sobre o programa en castelán, que deberás ter instalado. Aquí están as ligazóns aos parches:


Mozilla Firefox

Mozilla Firefox é un navegador da Internet rápido, fiábel, moi versátil, con moitas funcionalidades extra e 100% en galego. Se actualmente estás a usar o Internet Explorer, non o penses e pasa ao Firefox. Pódelo baixar na ligazón a seguir.


Se xa tes o Firefox instalado, baixa a versión en galego e instálaa sen desinstalar a que tes. Así, recoñecerá que xa está instalado e único que fará é pólo en galego, mantendo os marcadores, caché, historial, contrasinais...

LibreOffice

LibreOffice é a mellor alternativa ao Microsoft Office. É unha suite ofimática completa, con procesador de textos tipo Word, folla de cálculo tipo Excel, presentación de diapositivas tipo PowerPoint, etc. É totalmente compatíbel con todos os formatos do Microsoft Office, incluíndo os novos .docx, .pptx... que tantos problemas están a dar. Á parte é libre, gratuíto, permite exportar a .pdf directamente cun só cilque e está completamente en galego. Pódelo baixar na seguinte ligazón:


Se xa tes o LibreOffice.org instalado, baixa a versión en galego e instálaa sen desinstalar a que tes. Así, recoñecerá que xa está instalado e único que fará é pólo en galego.