Vandalismo na aula de Xinecoloxía


O artigo Vandalismo na aula de Xinecoloxía foi publicado orixinalmente no blogue da Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM) en 1 de xuño de 2011.


Hai xente que ten a capacidade cerebral dun escaravello da pataca.

Con motivo do exame práctico de Clínica Obstétrica e Xinecolóxica, a sala de Xinecoloxía do hospital estaba aberta para que os estudantes puidésemos estudar coas maquetas. Pois ben, nestes días apareceron un boneco cortado polo pescozo, a pantalla do computador escrita con tipp-ex e os rexistros cardiotocográficos rechados. E hoxe, como novidade, roubaron multitude de colos de útero e úteros.

Estes manequíns en que practicamos son realmente caros, e aínda así o prof. Macía permítenos estudar con eles para o exame práctico. Pois ben, agora o profesor está anoxado, con razón, e pagarano aqueles que vaian facer o exame a partir de agora.

Se aínda lle resta algo de decencia, aquela ou aquelas persoas que cometesen semellante estupidez deberían asumilo e ir onde o prof. Macía pedir desculpas. Creo que somos todos adultos responsábeis e debemos ter conta das nosas accións.