Pokédex 3D, novo aplicativo para a Nintendo 3DS


O artigo Pokédex 3D, novo aplicativo para a Nintendo 3DS foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 1 de xuño de 2011.



No próximo 7 de xuño estrearase a eShop da Nintendo 3DS, onde poderás descargar aplicativos. E con esta eShop vén un curioso aplicativo gratuíto, a Pokédex 3D. Nel estarán dispoñíbeis todos os novos pokémons das edicións Branca e Negra, porén non estarán todos desde o comezo. Ao principio terás apenas 16 e deberás ir conseguindo o resto mediante SpotPass (recoñecemento de redes sen fíos), StreetPass (recoñecemento doutras 3DS dentro do alcance) e Códigos QR (eses simpáticos garabatos que parecen códigos de barras).

Trátase dunha Pokédex, un aplicativo que lista os pokémons con informacións de cada un deles. Acerca de cada pokémon verás, alén dunha descrición, unha imaxe completa del en 3D (que poderás rotar á vontade) e unha completa información cos movementos que aprende. Tamén terá unha curiosa opción de realidade aumentada que poderás usar para ver os pokémons a correr pola túa casa.

Características da aplicativo:
- Inclúe todos os pokémons das edicións Branca e Negra.
- Máis de 150 pokémons cos seus movementos.
- Compatíbel com SpotPass, StreetPass e realidade aumentada.
- O aplicativo é gratuíto.
- Apenas 16 pokémons ao comezo.
- O resto dos pokémons son desbloqueados escaneando Códigos QR, usando o SpotPass ou trocando datos con amigos.
- O SpotPass permite conseguir tres pokémons aleatorios ao día.
- Cada pokémon conta cun deseño 3D e que se pode rotar 360 graos.
- Conta con filtros e capacidade de marcar páxinas.
- Ten a opción de mostrar os pokémons en fotos tiradas coa cámara 3D.