Novas máis ou menos oficiais da descentralización


O artigo Novas máis ou menos oficiais da descentralización foi publicado orixinalmente no blogue da Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM) en 14 de xuño de 2011.


O paso a grao voluntario aprázase até o ano 12/13 (isto é, dentro de dous anos) para telo todo ben preparado e debidamente informado. [Ver nova na prensa: http://www.europapress.es/salud/politica-sanit...4160443.html]

Para a descentralización, polo que sabemos nun principio ha de continuarse co modelo mensual (o actual) por problemas de dispoñibilidade de aulas para os períodos en que todos teriamos teoría en Santiago.

Nun principio, en 4º farían as prácticas fóra de Santiago só os voluntarios, a incógnita é que ocorrerá con 5º e 6º, pois os voluntarios son escasos. Á parte, descoñecemos que nivel de organización hai para os hospitais de Lugo e Ourense.

Polo momento non sabemos nada mais, isto é o pouco que podemos saber a pesar da nosa insistencia...

Así que teñamos máis información, esperamos que durante esta semana, dirémosvolo. Lembramos que este tipo de informacións urxentes envíanse por correo así que se saben e tárdase un pouco en publicar no blogue. Se queres unirte á lista de correo envía unha mensaxe co teu nome e curso a asemblealibre@gmail.com