[1º de abril] O Grao de Medicina da USC será impartido integramente en inglés


O artigo O Grao de Medicina da USC será impartido integramente en inglés foi publicado orixinalmente no blogue da Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM) en 1 de abril de 2011.


«No 1 de abril van os burros onde non deben ir»

Esta nova é unha brincadeira do primeiro de abril. A tradición do primeiro de abril é unha celebración galega compartida con moitos outros países occidentais, aínda que perdeu forza nos últimos tempos.



Hai uns días saíu na prensa a nova de que, ao abrigo do Espazo Europeo de Educación Superior (máis coñecido como Boloña) habería que implementar nos Graos o idioma inglés progresivamente. A medida, feita para favorecer a mobilidade entre estudantes, foi aceptada con agrado polo profesorado, quen se mostrou disposto a colaborar.

O novo Decanato de Medicina da USC, na vangarda da política universitaria, decidiu ser pioneiro na implementación do inglés. Así, para o ano, todos os exames do Grao serán en inglés. Con todo, as aulas poderán continuar a ser impartidas en galego ou castelán até o 2015, data límite imposta polo reitorado para adaptarse totalmente.

Desde a ALEM habemos de convocar unha asemblea para informar todo o estudantado de Medicina desta nova e sondar a opinión maioritaria do estudantado. Mais é importante aclarar que é unha decisión xa tomada polo Ministerio e a Consellaría que non se pode evitar, tan só pedir facilidades para nos adaptarmos.

Saudiña!