[1º de abril] Wii-llarda, o primeiro xogo galego para Wii


O artigo [1º de abril] Wii-llarda, o primeiro xogo galego para Wii foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 1 de abril de 2011.


"No 1º de abril van os burros onde non deben ir"

Este artigo é unha brincadeira do primeiro de abril. A capa do xogo foi sacada
da versión vella do Chuza!, onde foi publicada polo seu autor, Maceirax.


Capa provisional promulgada pola LNB

A división galega de Nintendo España vén de anunciar a o primeiro videoxogo dedicado ao noso deporte popular: A Billarda. Así é, un acordo entre a Liga Nacional de Billarda e a compañía nipona fará posíbel que para este verán teñamos o primeiro xogo integramente galego para unha videoconsola doméstica.

O proxecto recibiu o nome de LNB Live, aínda que segundo filtracións da LNB todo indica que o nome definitivo será Wii-llarda. O xogo será desenvolvido pola compañía galega Gato Salvaje e contará co apoio económico de Galicola, Eroski e as tres universidades públicas galegas (USC, Uvigo e UdC).

Mais as sorpresas non acaban aquí, xa que o xogo será pioneiro na promoción do binormativismo da lingua galega, xa que a interface estará completamente en galego segundo a norma da RAG e en galego reintegrado segundo a norma da AGAL.

Só nos resta agardar ao verán para poder usar o wii-mote como palán. Avante palanadoras!