Lega-legalización!


O artigo Lega-legalización! foi publicado orixinalmente no blogue da Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM) en 17 de marzo de 2011.


O lonxincuo 7 de novembro de 2007 tivo lugar a asemblea fundacional da ALEM, Asemblea Libre de Estudantes de Medicina. Nela decidiuse que, para ter lexitimidade perante as institucións, sería rexistrada como asociación. Así poderíamos funcionar realmente como un instrumento do estudantado con toda a lexitimidade da lei vixente.

Non foi un, nin dous, nin tres, senón cinco veces as que tivemos que ir á Xunta de Galicia para que nos admitisen no rexistro. Cinco veces coas correspondentes taxas, obviamente. E cinco veces que houbo que adaptar os estatutos a requisitos sacados da manga dunha institución con demasiado afán recadatorio.

Non obstante, desde onte 16 de marzo de 2011, a ALEM ten personalidade xurídica!

ESTAMOS LEGALIZADOS!