Asemblea Libre de Estudantes de Medicina


O artigo Asemblea Libre de Estudantes de Medicina foi publicado orixinalmente no Fotolog As 11 no Trasgo en 2 de novembro de 2007.



Xa está case todo preparado. O día 7 de novembro, ás 18.00 (os que temos prácticas de Anato quizá cheguemos un chisquiño tarde, mais perdóasenos) na aula 4 (a nosa aula).

Xa poremos o número da aula en todas as estrazas que hai na faculdade para que a xente o saiba, e repartiremos trípticos polas aulas para informar (se alguén de vós quere vir por aulas repartir, que avise). Estamos aí, a piques de dar comezo a algo importante.

Se podedes, levai pensado algún problema que creades que vos afecta como estudantes, para irmos confeccionando unha listaxe de problemas a solucionar. E se levades lidos os Estatutos (Definición, Introdución, Regulamento e Obxectivos) que aparecen na páxina da ALEM (http://www.alem.glz.cc), pois moito mellor (eses estatutos son provisionais, se algunha cousa vos parece mal ou queredes puntualizar, está aberto a emendas).

A orde do día será algo así:

Punto 0: Explicación da necesidade de fundar unha asemblea en Medicina (unha pequena introdución).

Punto 1: Aprobación e emendas aos Estatutos da Asemblea (Definición, Introdución, Regulamento e Obxectivos).

Punto 2: Elección do Valedor e do Vice-valedor (De momento creo que son eu o único candidato...)

Punto 3: Explicación dos problemas que nos afectan como estudantes de Medicina e propostas da xente para engadir á listaxe, facendo así como unhas metas a atinxir como asemblea (Temas como Boloña, o 80% que nos piden para a beca, a posíbel conversión da residencia no hospital pola que pagan unha miseria nun postgrao polo que pagues tu...).

Punto 4: Organizar comisións de traballo en base ao punto 3 e ás necesidades da Asemblea.

Punto 5: Outros/varios.

Punto 6: Estabelecemento da data da seguinte asemblea e, se proceder, confección dun calendario cos eventos que afecten á ALEM.

Pois con todo isto ben explicadiño, cortadiño en filetes volta-e-volta e ben mastigadiño para que todo fique ben claro, só lembrarvos que visitedes http://www.alem.glz.cc, que veñades todos o dia 7 ás 18.00 á aula 4 e que se queredes axudar en algo mais ou tendes algunha dúbida, faledes comigo.

Só engadir que sinto darvos a chapa con isto, mais paréceme importante que fique todo ben claro. Prometo que a próxima vez que actualice eu porei algunha estupidez banal e non escribirei outro tocho como este.

Saúde a todos!